¡LAS NIÑAS TAMBIÉN! – Páxina da UNGEI (en inglés Iniciativa das Nacións Unidas para a Educación das Nenas), creada en abril do ano 2000 durante el Foro Mundial sobre la Educación en Dakar e que ten como meta reducir a fenda entre os xéneros na ensinanza primaria e secundaria e asegurar que, para o ano 2015, todos nenos rematen a educación primaria, con igual acceso a todos os niveis de educación para os nenos e as nenas. (en castelán, inglés e francés)

I Informe regional: situación y análisis del femicidio en la región centroamericana (Agosto, 2006) – Informe realizado polo Consejo Centroamericano de Procuradores de Derechos Humanos. (en castelán)

A coordinación policial ante a violencia de xénero. Guía de boas prácticas (2002) – Publicación do Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia. Ademais da definición de violencia de xénero e dos seus tipos e características inclúe capítulos específicos dedicados á intervención policial ante a violencia de xénero e a pautas para unha mellora da coordinación co ámbito sanitario, coa administración xudicial coa administración municipal. (en galego)

A miña visión sobre a violencia de xénero. III edición. Edita Concellaría da Muller. Concello de Santiago. A Coruña. (2004) – Deste libro proceden moitos dos carteis escolares que se amosan como exemplos nas distintas partes do blog. (en galego)

ACNUR, Mujeres refugiadas – Páxina de ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados) sobre as mulleres refuxiadas. Contén diversos documentos sobre o tema así como tamén galerías fotográficas. (en castelán, inglés e francés)

ACNUR, Mujeres refugiadas, galería fotográfica – Nas fotografías contidas na galería pódense ver os diferentes roles desempeñados polas mulleres refuxiadas en diversas partes do mundo. (en castelán, inglés e francés)

Amnistía Internacional, Documentos, Mujeres – Nesta páxina podemos atopar toda a documentación ofrecida por Amnistía Internacional sobre as mulleres. Estrutúrase en noticias, informes e accións urxentes, ademais ofrece a posibilidade de realizar buscas concretas. (en castelán, inglés, francés e árabe)

Amnistía Internacional, No más violencia contra las mujeres – Páxina da campaña de Amnistía Internacional para frear a violencia contra as mulleres. (en castelán, inglés, francés e árabe)

Campañas institucionales sobre violencia de género – El espejo imperfecto (2007) – Relatorio de Diana Fernández Romero no Congreso Internacional sobre Violencia de Género: Medidas y Propuestas Prácticas para la Europa de los 27. Analiza a repercusión das campañas institucionais sobre violencia de xénero sobre as mulleres vítimas. (en castelán)

COLOR IN MOTION, unha divertida páxina de Claudia Cortés sobre o simbolismo da cor e a súa importancia na comunicación. (en castelán e en inglés)

Congreso Internacional sobre Violencia de Género: Medidas y Propuestas Prácticas para la Europa de los 27 – Páxina do congreso celebrado en Valencia o 19 e 20 de abril de 2007. Inclúe arquivos en PDF cos relatorios do congreso. (en castelán e inglés)

Conta con elas. Páxina do proxecto Conta con Elas, que ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral, para diminuír a segregación laboral das mulleres na área metropolitana de Vigo.(en galego)

El cartel en la educación. Este interesante artigo do mexicano Guillermo Roquet García serviu de base para a elaboración do apartado dedicado á confección de carteis do blog. (en castelán)

Enrédate con UNICEF – Educación para las niñas – Reportaxe incluída en Enrédate (portal de de UNICEF dedicado á infancia), que trata sobre o feito de que setenta millóns de raparigas vexan negado o seu dereito á educación de calidade só polo feito de seren nenas. (en castelán)

Estudio a fondo sobre todas las formas de violencia contra la mujer (2006) – Informe do Secretario Xeral das Nacións Unidas. (enlace ao arquivo en castelán, o orixinal é en inglés)

Guía formativa: violencia de xénero (2007) – Publicación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia concibida como material de apoio a formadoras e formadores de colectivos profesionais que interveñen directa ou indirectamente en labores de detección, e/ou atención e/ou apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero. Estrutúrase en catro módulos: o sistema sexo-xénero, a violencia de xénero, a muller vítima de violencia de xénero e a intervención. (en galego)

IMPUNIDAD pongámosle fin. Violencia sexual contra las mujeres en conflicto armado y post conflicto en América Latina (2006) – Publicación realizada por PCS (organización de cooperación internacional apoiada por un conxunto de axencias internacionais de Cooperación de Europa e Canadá) xunto á organización española Solidaridad Internacional. (en castelán)

La violencia de género en el cine español contemporáneo – Comunicación de Laura Teruel, da Universidade de Málaga, no Foro de Investigación en Comunicación que analiza a visión que dá violencia de xénero se lle proxecta desde o cine español a toda a sociedade. (en castelán)

La violencia doméstica – Presentación en Slideshare de Tamara Miguel Redondo e Ismael Corrales Álvarez. (en castelán)

Listaxe actualizada de asasinatos de mulleres nas cidades de Juárez e Chihuahua – Contén datos desde o ano 2004 ata a actualidade. (en inglés)

Maltrato a la mujer – Presentación en Slideshare de Amanda Daza, Cristina Fuentes e Jennifer Pesado. (en castelán)

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza – Páxina galega deste movemento de mulleres de carácter internacional. (en galego)

Mundo NO es: masculino singular – Materiais da campaña de educación en valores sobre xénero e desenvolvemento para centros de ESO na que se tratan aspectos clave para o desenvolvemento desde a perspectiva de xénero. Achégase ao papel das mulleres noutras culturas e fai reflexionar sobre o que teñen na nosa sociedade. Procura promover relacións de igualdade entre mozos e mozas e impulsar actitudes de solidariedade, tolerancia e respecto. (en castelán)

Ocultas a plena vista: Violencia contra la mujer en México y Guatemala (2007) – Informe WOLA onde se analiza a problemática da violencia contra a muller en Guatemala e México. Ofrece unha análise das raíces e os efectos da violencia contra a muller e ademais propón pasos concretos para acadar un cambio real e positivo. A publicación sinala a incapacidade dos sistemas de xustiza criminal de México e Guatemala en combater a violencia contra a muller (en castelán)

Plan de acción contra a violencia de xénero 2002-2005. (en galego)

Stop Trata – Páxina da ONGD Mujeres en Zona de Conflicto que recolle una campaña contra a trata de persoas con fins de explotación sexual. (en castelán)

UNIFEM, Violencie against women – Portal de Violencia contra as mulleres do UNIFEM, que é o fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller creado en 1976. Este fondo proporciona asistencia técnica e financeira para iniciativas innovadoras que promovan o fortalecemento das mulleres e a igualdade de xénero. (en inglés)

WHRnet – Páxina de Women’s Human Rights net, un proxecto da Asociación para os Dereitos da Muller e o Desenvolvemento (AWID). (en castelán, inglés e francés)

WOLA, Violencia contra la mujer – Páxina de WOLA (Washington Office on Latin America / Oficina en Washington para Asuntos Latinoamericanos) dedicada á violencia contra a muller en Latinoamérica. (en castelán e en inglés)

Women’s Commission for refugee women & children – Páxina dedicada ás mulleres e nenos refuxiados (en inglés)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*