Antes de comezares a afondar no tema queremos que te decates do que xa sabes sobre a violencia de xénero.

Realiza as actividades 1 e 2.

____________________________

ACTIVIDADE 1: Colle un folio en branco, na parte superior escribe en letras maiúsculas “ACTIVIDADE 1: CUESTIONARIO INICIAL”, logo copia cada pregunta e escribe a resposta de xeito individual, sen lle preguntar a ninguén, se non sabes ningunha resposta non te preocupes, para iso é este blog, para que saibas todas as respostas.

– Que cres que é a violencia de xénero?

– Que opinas da violencia de xénero?

– Que tipos de violencia de xénero cres que existen?

– Sufriches algunha vez violencia de xénero ou coñeces a alguén que a sufrise?

– Cres que podes facer algo contra a violencia de xénero? En caso afirmativo indica o que cres que poderías facer.

Unha vez que remates garda o folio na funda de plástico, é importante que conserves este cuestionario xa que volverás a usalo máis adiante.

ACTIVIDADE 2: Coa coordinación da profesora ou do profesor iremos poñendo en común as respostas que fomos dando no cuestionario, non tes que corrixir nada, esta actividade é só para compartir as respostas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*