En Galicia temos unha longa tradición cartelística. Velaquí tes algúns exemplos de carteis galegos doutros tempos:
– O da esquerda é un cartel propagandístico da editorial Céltiga anunciando o libro de Castelao Un ollo de vidro.
– O da dereita é un cartel realizado por Castelao para a campaña polo primeiro estatuto galego en xuño de 1936.
O cartel está moi presente na vida cultural galega, así son variados os concursos de carteis que se convocan ao longo do ano, especialmente para o anuncio de festas e feiras históricas, gastronómicas e patronais (Festa da Faba, Festa do Percebe…), así como tamén para feiras de todo tipo (feiras de mostras, feiras do libro, feiras medievais…) e para eventos culturais e musicais (Festival de Ortigueira, Festa da Carballeira de Zas…). De seguido presentámosche os seguintes carteis:
– Nunca Máis
– Festa da Carballeira de Zas 2007
– Feira do Grelo das Pontes 2007
– Festas do San Froilán de Lugo 2004
– Mostra do Encaixe de Camariñas 2006
Son varios tamén os concellos galegos que convocan concursos de carteis que teñen como tema a violencia de xénero, como o de Curtis, o de Lalín, o de Poio ou o de Ribeira.