A transversalidade na titoría: en busca da igualdade de xénero. Material elaborado por Xoán Carlos Abad Gallego e Miguel Pérez Lorenzo onde se recollen actuacións experimentadas no IES Chapela (Redondela) desde o curso 1998/99 ata o 2005/2006. (en galego)
Directorio Europeo de Recursos Educativos para la Igualdad y la Prevención de la Violencia de Género – Páxina de consulta indispensable. Portal posto en marcha pola Fundación Mujeres que se desenvolve no marco dun proxecto europeo que ten como finalidade ofrecerlle ao profesorado ferramentas e recursos pedagóxicos útiles relativos á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, especialmente enfocados e previr a violencia de xénero. Ofrece unha actualización diaria de contidos mediante a prospección de noticias, materiais educativos, bibliografía, recursos web e documentos, a través dos medios de comunicación e doutras fontes exertas en valores igualitarios. (o portal ofrece unha versión en castelán e outra en francés)
Iguales para hoy – Material que consta de tres unidades didácticas (unha para o primeiro ciclo de ESO, outra para o segundo ciclo de ESO e unha terceira para a etapa de Bacharelato) centradas no obxectivo 3 de Desenvolvemento do Milenio (igualdade de xénero) que forman parte dunha campaña co mesmo nome que procura o compromiso da sociedade na consecución da igualdade entre mulleres e homes. (en castelán)

Materiales Didácticos para la prevención de la Violencia de Género – Contén unidades didácticas para Primaria, Secundaria e EPA. (en castelán)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*