Hai case dous meses publicaba Arume dos piñeiros un acertado comentario sobre a diverxencia entre o privado e o público entre algunhas das nosas sobranceiras personaxes e estoutro día saía o mesmo tema nunha conversa de recreo en sala de profes.
Tampouco eu son quen de dar nomes, sobre todo porque nalgúns dos casos só falo de oídas e non se debe dicir por detrás o que un non é quen de manter á cara. Sendo isto así, non quita que me entre unha mestura de carraxe e tristeza cando vexo que XXX pasa amplamente do seu traballo de docente porque está demasiado ocupad@ coas súas columnas xornalísticas, publicacións, intervencións televisivas, investigacións universitarias, creacións literarias, asistencia a actos lúdicofestivos diversos… en definitiva, en atender todo iso do aparello cultural, e cobre as súas costas dando aprobados xerais que manteñen calado o persoal.
E XXX podería dicirme que é tan mal docente como o de física, ou a de matemáticas e non debe máis explicacións que aqueles. E tería unha parte de razón, pero, aínda que non o queira, é diferente a eles, xa que a súa posición pública converte o seu comportamento nun modelo xeneralizable da cultura á que representa. É o que hai, e nese sentido ao mellor algún e algunha farían mellor pola nosa cultura creando algo menos e aplicándose un chisco máis niso que, ao cabo e ao remate, lles dá de comer.

1 comentario

  1. Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.

DEIXAR UNHA RESPOSTA