A vítima principal e directa da violencia de xénero é a muller, mais a agresión non lle afecta só a ela senón que tamén existen outras vítimas.

Así, cando se produce unha situación de violencia de xénero dentro da parella podemos sinalar estoutras vítimas da violencia de xénero:

– Os seus fillos e/ou fillas son vítimas directas tamén porque a situación de violencia altera a súa convivencia no fogar e o seu desenvolvemento psicolóxico. Nalgúns casos mesmo a agresión á muller deriva tamén nunha agresión aos fillos.


– O resto da familia e as amizades son vítimas indirectas da violencia de xénero pois ven alterado o funcionamento normal das relacións entre os seus membros e tamén sofren.


– As demais persoas do contorno, veciños, compañeiros de traballo, etc., isto é, o resto da sociedade, tamén se ve prexudicado pola situación de violencia de xénero, xa que altera o seu funcionamento harmónico.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*