A principal característica do texto do cartel é que debe ser curto, de forma que tan só leve uns segundos recibir a mensaxe.

A linguaxe que se emprega é sinxela.
Debes buscar textos curtos, directos e claros de forma que comuniques a mensaxe co mínimo número de elementos posible.
O emprego de interrogacións, frases incompletas, xogos de palabras, frases feitas, etc. son moi útiles para conseguir mensaxes impactantes.
Neste proxecto podes poñer o texto que queiras só cunha excepción, poñémosche como condición que nalgún lugar da cartolina apareza un dos seguintes textos:
– 25 de novembro
– Día contra a Violencia de Xénero
– 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero
Se non che vai ben integralo no conxunto do cartel, abonda con que o poñas como pé debaixo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*