As metáforas visuais son imaxes que remiten a ideas coñecidas por todo o mundo.

Velaquí tes exemplos dalgunhas metáforas visuais moi comúns ao tratar a violencia de xénero:

– O sangue representando a violencia.

– O cravo símbolo da dor, unha metáfora de longa traxectoria na nosa cultura desde que fora empregada por Rosalía de Castro (Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor).


– A candea representando a vida.


– O raio de luz representando a esperanza.


– O puño representando a agresión física.

– A gaiola como unha situación de prisión, o fogar como gaiola.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*