Para exemplificar a poesía surrealista cunqueiriana vas ler un poema que ademais presenta outros trazos non propios desa vangarda.

“ELA E EL”

NOIVADO I

Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo.
Un tempo craro como un illó de vidro.
E no medio de litorais e avións platino
cidadán de correntes submariñas color morno.
A miña craraboia en brúxula silvestre:
un arbre polo Norde, Oriente feito
de moluscos, Sur de ribeiras líquidas.
Eu de noivado. Nas mans arcos-de-vella,
vidreiras verde-tenre e colgaduras finas.
Nin unha sombra nin faiados tímidos,
inocentes igoal a negros en domingo
o corazón no peito, risoños como esquíes.
Beilar ágoas lixeiras e sonos desprendidos
das cantigas máis novas. Sumando vals e faros.
Infuxivel noivado estelar de cereixas,
amante de cristais. Eu o teño.

Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e do non, 1933.

  1. Repara na sinxeleza e no sentimentalismo lonxe da escrita automática que caracteriza o surrealismo.
  2. Poderías indicar un tema na composición?
  3. Sinala elementos léxicos propios das vangardas.
  4. Cal é o termo real na metáfora “avións platino” do terceiro verso.
  5. Podes localizar unha paronomasia?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*