TABERNA
Chove fóra. Nas pozas
aboia a luz do gas.
Na lameira da rúa
entérrase un cantar.
Mariñeiros de Amberes,
de Cork e Rotterdam…
O acordeón borracho
fala inglés, alemán…
Na folla do coitelo
fuxe a luz cal no mar.
* Este texto de Luís Amado Carballo pertence á súa obra Proel (1927).
Amado Carballo realiza unha lírica a medio camiño entre a tradición e as vangardas achegada á terra, á nosa paisaxe propia. Sinala nesta composición que elementos poderiamos dicir que son tradicionais e cales vangardistas.