[Picasso: Retrato de Dora Maar, 1939.]
O Creacionismo é unha corrente vangardista que nace en París da man do poeta chileno Vicente Huidobro e que presenta certas afinidades co Cubismo e coincide no esencial co ultraísmo.

A arte non debe imitar nin traducir a realidade senón que o poema debe ser unha realidade autónoma creada pola xustaposición de imaxes baseadas en relacións arbitrarias. O poeta debe “facer un poema como a natureza fai unha árbore”.

O poema creacionista só pode existir na cabeza do poeta, e non é fermoso porque nos lembre outras realidades coñecidas, senón que é fermoso de seu e non admite termos de comparación.

Fronte ao surrealismo, no creacionismo as imaxes literarias deben ser produto da intelixencia e non froito da inconsciencia da persoa.

Podemos sinalar as seguintes características do Creacionismo:
– Eliminación do anecdótico e descritivo.
– Carácter antinarrativo.
– Antisentimentalismo.
– Ruptura da secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.
– Humor e ironía.
– Ortografía expresiva: caligramas, etc.

Entre os seus representantes podemos citar a Apollinaire, Blaise Cendras, Huidobro, Reverdy ou Gerardo Diego.

Este movemento de vangarda vai ter especial influencia na obra de Manuel Antonio.

* Este famoso poema de Vicente Huidobro recolle as formulacións básicas deste -ismo vangardista.


Arte Poética

Que el verso sea como una llave
Que abra mil puertas.
Una hoja cae; algo pasa volando;
Cuanto miren los ojos creado sea,
Y el alma del oyente quede temblando.

Inventa mundos nuevos y cuida tu palabra;
El adjetivo, cuando no da vida, mata.

Estamos en el ciclo de los nervios.
El músculo cuelga,
Como recuerdo, en los museos;
Mas no por eso tenemos menos fuerza:
El vigor verdadero
Reside en la cabeza.

Por qué cantáis la rosa, ¡oh Poetas!
Hacedla florecer en el poema ;

Sólo para nosotros
Viven todas las cosas bajo el Sol.

El Poeta es un pequeño Dios.

Podes ver a continuación unha creación en vídeo baseada neste texto do poeta chileno.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA