Vexamos agora se levas o vangardismo en ti.
* O teu reto será inventar tres composicións poéticas de temática libre. Non, non, agarda, non te lances, non ía ser tan fácil, só teñen que cumprir uns pequenos requisitos:
– Unha ten que ser un poema hilozoísta.
– Outra un poema surrealista.
– E a última composición deberá ser un poema neotrobadoresco.
* Se fixestes moitos compañeiros e compañeiras esta actividade estaría ben levar a cabo un pequeno recital na aula que podedes gravar e logo colgar nun blog ou nunha web da aula ou do centro para compartir.
* Tamén podedes votar os que consideredes os textos mellor logrados e que máis se adapten ás formulacións estéticas destes tres movementos e sacalos fóra da aula nunha exposición ou publicalos nun blog de aula ou do instituto ou nunha revista se tedes algunha.