Selección de obras de Maruja Mallo, pintora galega de sona internacional que participou activamente nos movementos vangardistas parisienses.


Nace en 1909 cando o italiano Marinetti publica o seu Manifesto futurista onde fai unha furibunda oposición á poesía e á moral tradicionais.

O futurismo exalta a civiliación mecánica, a electricidade, a velocidade, a guerra e a cidade.

Dicía Marinetti: “un automóbil ruxinte que parece correr sobre a metralla, é máis belo que a Vitoria de Samotracia”.

Os poetas futuristas dinamizaron a linguaxe e para conseguir unha maior rapidez verbal suprimiron o uso dos adxectivos, dos adverbios e da puntuación. Nas súas formulacións máis radicais chegaron a procurar a supresión do significado en textos construídos mediante onomatopeas ou combinacións arbitrarias de fonemas.

Entre os seus principais representantes podemos citar a Marinetti, Almada Negreiros ou Álvaro de Campos.

Como exemplo deste tipo de literatura podes ler o seguinte poema de Pessoa.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*