Luis Buñuel foi un director de cine español que debido á ditadura se exiliou para rematar nacionalizándose mexicano. Está considerado un dos máis importantes e orixinais na historia do cinema mundial.

En xaneiro de 1929 Buñuel e Dalí, en estreita colaboración, ultiman o guión dun filme que se titularía sucesivamente El marista en la ballesta, Es peligroso asomarse al interior e, por fin, Un chien andalou. Rodado en abril do mesmo ano, estreouse nun cineclub parisiense logrando ser todo un éxito entre a intelectualidade francesa, ata o punto de permanecer nove meses consecutivos en exhibición.

A cinta naceu da confluencia de dous soños. Dalí contoulle a Buñuel que soñara con formigas que pululaban nas súas mans e o director de cine contoulle a Dalí que el tamén tivera un soño no que se vía unha navalla seccionándolle o ollo a alguén.


O filme pretende provocar un impacto moral no espectador a través da agresividade da imaxe. Remite constantemente ao delirio e ao soño, tanto nas imaxes producidas como no uso dun tempo non cronolóxico das secuencias.

A continuación podes visualizar considerada a película máis significativa do cine surrealista.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*