[Kandinsky: Yellow, Red, Blue. 1925]

Elabora un mapa conceptual onde recollas os contidos básicos traballados ao longo da unidade, ten en conta os seguintes aspectos:

– O contido: nun mapa conceptual relacionamos ideas, non as explicamos.

A selección: antes da elaborares o mapa cómpre que elixas os termos nos que se debe centrar a atención.

– A xerarquización: tes que ordenar os conceptos por orde de importancia ou inclusividade xa que deben estar dispostos indo do xeral ao particular.

– O impacto visual: unha vez que xa sabes o que queres que apareza e en que orde debes pensar na forma de representalo da forma máis simple e asemade atractiva.

– A presentación: agora xa estás en condicións de comezar coa elaboración definitiva do teu mapa, non esquezas que a orde e a limpeza son requisitos indispensables en calquera traballo académico.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA