Marcel Duchamp é un pintor e escultor francés que durante a década dos anos vinte se dedicou á investigación de teorías ópticas e á realización de varias curtametraxes surrealistas.
Anémic Cinéma é o produto máis interesante desas investigacións. Trátase dun poema visual con fotografía de Man Ray no que explora de maneira cíclica as posibilidades narrativas e visuais dos rotorrelevos. Este filme, un dos máis enigmáticos do cine experimental, había sentar as bases de movementos posteriores.