*
Coñecer o significado e repercusión das vangardas de principios do século XX como un fenómeno global, os seus diferentes –ismos, os movementos de vangarda especificamente galegos así como tamén os seus autores e obras máis representativos utilizando fontes bibliográficas axeitadas para o seu estudo tanto en formato papel como en formato dixital.


*
Ler, comprender, analizar e xulgar con criterio obras e fragmentos representativos das vangardas utilizando os coñecementos sobre as formas literarias (xéneros, recursos literarios, versificación) e os distintos movementos e autores en tanto que son expresión dunha determinada etapa da nosa evolución literaria.


*
Interpretar diferentes tipos de discursos orais, escritos e audiovisuais e a situación en que se desenvolven, captando o sentido global e a intención do discurso, a mensaxe e as súas ideas principais e secundarias.


*
Compoñer producións escritas de creación literaria con coherencia, cohesión, corrección ortográfica amais dunha coidada presentación, valorando a literatura como unha forma de exteriorizar as nosas vivencias artísticas.


*
Compoñer producións poéticas propias respectando as formulacións das estéticas vangardistas.


*
Participar en interaccións orais (libro-fórum) de acordo coas normas establecidas e realizar producións orais planificadas, relacionadas cun contido do currículo ou tema de actualidade e usando recursos audiovisuais, bibliográficos e das tecnoloxías da información e comunicación.


*
Planificar, realizar e corrixir as propias producións (disertación escrita).


*
Visualizar diferentes producións audiovisuais ilustrativas das vangardas en diferentes artes coma o cine, a música e a pintura.


*
Compoñer producións audiovisuais propias asumindo os principios creativos vangardistas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA