Unha das características dos movementos de vangarda é a expresión por escrito das súas ideas estéticas baixo a fórmula de manifestos.

Un manifesto é unha proclama artística. Debemos ter en conta que o manifesto non sempre ten que autodefinirse como tal e así nalgunhas ocasións baixo a forma de editoriais de revistas ou artigos tamén atopamos textos coa mesma finalidade que o manifesto.

Ofrecémosche unha escolma de oito manifestos vangardistas para que poidas lelos e observar as coincidencias e diverxencias que presentan.

ALMADA-NEGREIROS: MANIFESTO ANTI-DANTAS E POR EXTENSO

BRETÓN, André: Manifesto surrealista

HUIDOBRO, Vicente: Manifesto creacionista

MARINETTI: Manifesto futurista

MANUEL ANTONIO E ÁLVARO CEBREIRO: Máis alá

TZARA, Tristan: Manifesto dadaísta

VILLAR, RAFA: Manifesto do Batallón Literario da Costa da Morte

VV. AA.: Manifesto ultraísta

Se queres ampliar os teus coñecementos sobre os manifestos literarios galegos no século XX podes consultar a obra de Xesús González Gómez titulada Manifesta Galiza e publicada por Edicións A Nosa Terra.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA