[Fotografía de Marco Marescotti.]

.

……….Neve

…….Baixan puntas d’estrelas
Bican as corozas e deixan parches nos traxes
Dorm’a neve no colo do outeiro
Telón d’un cine crebándose nos ollos
Store cubrindo o hourizonte
As cuartillas choven pelotas de tennis
Qu’o chegar â terra non queren brincar
A neve chama nas portas c’os cotovelos
A terra é o despacho d’un poeta cuberto de
…………………………………….(cuartillas que choran)
Brinca o sol
A luz da carabiolas
Rin os piñeiros ensinando os dentes
Os espellos están crebados no chao
O azogue roubou dúas áas e fuxe a cabalo do lombo
…………………………… ………….. (do arco da vella)

…………………………..Euxe Euxenio MONTES, 1919

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA