É opinión estendida entre a crítica que Otero nos contos non retrata personaxes individuais provistas dunha psicoloxía propia, senón o que se denominan “tipos”.
Unha “personaxe tipo” é aquela que máis que unha personalidade singular reflicte as características comúns a todo o grupo do que forma parte. Neste sentido, don Xohán é un tipo do fidalgo galego, ou dona Rosina é un tipo da muller fidalga do século XIX. Son tipos en canto non hai nada neles que os individualice, non os descubrimos en canto individuos, non sabemos das súas alegrías nin das súas penas, non participamos nos momentos esenciais das súas vidas. Non se debe ver nesta característica unha minusvaloración das personaxes oterianas, senón unha forma de clasificalas e explicalas na súa especificidade.
Se tomamos as personaxes dos contos do libro no seu conxunto, observaremos que nos ofrecen un retrato da sociedade galega do século XIX e comezos do XX. De tal xeito que teriamos unha primeira pirámide social harmónica con dous estamentos: un, privilexiado, no que estarían os membros da fidalguía e do clero e un estamento, moito máis numeroso e sobre o que asenta a pirámide social, constituído polos labregos e os homes e mulleres dos oficios.
Varios contos desenvólvense no momento en que esta pirámide deixa de ser efectiva por dous motivos de carácter socioeconómico: o primeiro é a entrada en xogo dun novo grupo social, o da burguesía, representado fundamentalmente polos comerciantes, e o segundo é a propia desaparición da fidalguía como clase privilexiada a causa da perda do seu patrimonio.
Para a análise das personaxes imos seguir o seguinte esquema no que só trataremos individualmente aquelas personaxes que teñen certa relevancia no conto no que se insiren:

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA