É este un dos contos máis breves do libro. Otero, en homenaxe a Castelao, retoma e refai a historia de Os dous de sempre a través “do da Canella” e “o da Ourizada”. O primeiro representa o tipo humano do individuo pegado á terra, ao traballo e ao realismo vital. O segundo, pola contra, é a plasmación do idealismo, da crenza en que o porvir nos ha ofrecer algo marabilloso que imos atopar polo mundo adiante. Mentres que o da Ourizada, ao final da súa vida, está arruinado e só, o da Canella goza dunha boa situación acompañado da súa familia. Otero aposta claramente polo primeiro e é por iso que será el o que atope un torques de ouro que decide compartir co seu amigo, aínda que o da Ourizada prefire seguir buscando no horizonte dourado o destino engaiolante que aínda o agarda.
A estrutura narrativa lineal practicamente se configura como un todo uniforme que leva a un desenlace final na vellez dos dous protagonistas que se alonga co episodio da aparición do torques.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA