Son numerosas as personaxes do clero que atravesan as páxinas do libro, as máis das veces como simples estampas de fondo:
1835: grande bodega no Ribeiro. Pipas centenarias xa cando o da francesada. Frades cobrando as rendas
Noutras ocasións a presenza clerical serve para salientar a relevancia social da personaxe á que acompañan, como acontece no enterro do pai de don Xohán, no que cantan setenta cregos de tres arciprestados.
Otero plasma perfectamente en O fidalgo como os membros da Igrexa se dobregan diante dos grandes señores dos pazos. Vémolo cando don Xohán chega á casa despois da morte do pai e “O capelán quere rifar, mais cala dediante da lanzal figura do mozo”, e cando os abades xustifican as aventuras extramatrimoniais de don Xohán tras dunha suposta alma inocente de neno.
Os membros do clero tamén forman parte da gran familia constituída polos habitantes dos pazos a través dos capeláns que, ás veces, son frades exclaustrados que trala desamortización de Mendizábal foron acollidos nas casas fidalgas como a de don Xohán.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA