Ao longo das páxinas do libro o autor vai trazando un minucioso retrato da sociedade galega do século XIX no que aparecen todos os tipos. Como se se tratase do fondo dun cadro, estas personaxes contribúen sobremaneira á impresión final que a totalidade da obra provoca no lector. Aquí atoparemos desde as criadas ata funcionarios do xulgado pasando por frades, cregos, abades, fidalgos e fidalgas, labregos e labregas, cocheiros, zapateiros, mestras, esfoladores, criados, tendeiros, estudiantes, funcionarios, oficinistas, mariñeiros, etc.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*