Atopamos nos contos algúns exemplos narrativos nos que os animais adquiren categoría de personaxes e superan ás persoas en importancia. Soult en O fidalgo e o can do vinculeiro en O estraperlista dos coiros vanse caracterizar polo cariño e a lealdade ós amos. Os dous son cans de palleiro como se Otero os preferise fronte ás elegantes razas caninas por representaren mellor a súa vinculación co mundo da aldea do que proceden.
Fronte a todas as personaxes anteriores que pertencerían ao mundo da realidade aparece en O fidalgo unha personaxe que viría formar parte do mundo da irrealidade ou de ultratumba, referímonos á morte. A morte en consonancia coas nosas crenzas populares aparece personificada e percibímola a través do sentido do oído do narrador e da vista dunha vella:

“[…] os pasos mainos da morte cruzaron a sala […] Unha vella mangoleta ollouna, á Morte, de a carranchapernas na solaina, para baixar ao xardín e proseguir a xeira gadañadora…”

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA