As noticias dos medios de comunicación din que un tal Séchu Sende é o culpable de todo o asunto, que foi el quen argallou toda a operación.
Témonos que poñer á faena xa.
Vexamos uns poucos datos.
  • Nome completo: Xosé Luís González Sende.
  • Nado en Padrón en 1972.
  • Escritor. 
  • Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa.
  • Profesor de ensino secundario. 
  • Domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.
  • Participou nos anos 90 no colectivo poético Serán Vencello.
  • É un dos fundadores da editorial Letras de Cal.
  • Como sociolingüista, participa na cooperativa Tagen Ata
  • Colabora en diferentes iniciativas sociais: movemento Burla Negra, Coordenadora de Ensinantes Area Negra, AS-PG, Nunca Máis…
  • Está especialmente implicado nos movementos de defensa da natureza, especialmente na defensa do Courel. 
  • Especialista nas bañeiras nos prados.

Atopamos máis datos nesta presentación realizada por Ana Moreiras na que fai un percorrido por toda a vida de Séchu Sende e o contexto social no que se desenvolveu.

E para saber aínda máis, mellor ver o vídeo da brillante presentación del que fixo Cristina Mosteiro no IES I.E.S. Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) en novembro de 2009.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*