Que que é iso dunha curta?
Pero onde vives?

Dise que unha curta é:

“unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal.
Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediometraxes. A partir dunha hora de duración considéranse longametraxes.”


Pero realmente quen explica ao xeito o que é unha curta, así para que o entendas ben, son Fátima Sampedro, Raquel Xallas, Lorena García e Elvira Blanco, catro alumnas do IES Leliadoura de Ribeira. Mira o que fixeron para explicar o concepto:


Nunha curta é fundamental o guión, xa que é a columna vertebral da produción e onde se deben tomar todas as decisións sobre o que logo se vai gravar. Nesta breve presentación atoparás as indicacións básicas para a súa elaboración.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*