Fotografía de Javier Guerra (Andrés Fraga, El País).
O señor que aparece na fotografía é o actual conselleiro de economía da Xunta de Galicia no acto en que o goberno celebra o “Día Internacional da Muller”, que non “O día da muller traballadora”, que é cousa ben distinta.
O evento co dos globos e os estereotipos e os conselleiros a gargalladas forzadas no Obradoiro, cando menos, diremos que resultou de pouco gusto.
Preferiría algo máis aburrido como unha rolda de prensa onde se informase dunha evolución substancialmente positiva da situación da muller dentro do ámbito laboral, ou unha enumeración por extenso das medidas do goberno tendentes a compaxinar vida familiar e laboral, só por poñer un par de exemplos.
Recomendación: Se non queres ou non sabes facer algo sobre un tema, preocúpate cando menos de non facer o ridículo. E pallasadas, as xustas.
Una imagen vale más que mil palabras.