Isto é unha pequena listaxe dos buscadores de libros máis coñecidos:
Bibliomania – buscador de obras de literatura clásica.
Biblioteca Dixital Mundial – (World Digital Library) Contén manuscritos, mapas, libros pouco comúns, partituras musicais, gravacións, filmes, gravados, fotografías e debuxos arquitectónicos de todo o mundo.

Ebook Engine – enlaza con otros buscadores de ebooks gratis.

Ebooksearchengine.com – buscador de ebooks en formato PDF e doc.
eLibrary – é un aplicativo para a catalogación, organización e xestión de coleccións de libros para un uso persoal, ten a opción de tentar extraer o ISBN a través da busca nas propias páxinas da publicación, do nome do ficheiro ou mesmo buscando en Amazon e o servizo de Google Books, característica totalmente automática que se executa con tan só arrastrar e soltar un ficheiro dentro da xanela de eLibrary.

Google Books – buscador de libros de balde, de acceso fragmentado e de pagamento.
Open Library – é un proxecto colaborativo como a Galipedia, que ten como obxectivo ofrecer toda a información existente de todos os libros do mundo, xa sexan físicos ou dixitais, estean á venda ou descatalogados.

PDF Geni – buscador de libros en formato PDF, conta cunha extensión dispoñible para Firefox.
PDF Search Engine – buscador de arquivos en formato PDF, tamén conta cunha barra de ferramentas de procura de Firefox para ebooks.
PDFse – buscador para atopar ebooks, manuais, cursos, temarios, exercicios, etc. en formato PDF, con nube de etiquetas, buscador de palabras clave e un glosario alfabético.

Proxecto Gutenberg (Project Gutenberg) é un esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a mais antiga biblioteca dixital. A maioría dos seus textos son de dominio público, ben porque nunca tiveron dereitos de autor ou porque se os tiveron estes xa expiraron. 
Search PDF eBooks –  Procura documentos e libros en PDF.
* Post realizado partindo de información facilitada por María Rodríguez.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA