Fotografía de Rore en Flickr.



83. No Luzada prodúcese un incidente entre Patricia e Adolfo a conto da sacarina que el pide co café e os dous donuts.

“- O que eu coma ou deixe de comer é cousa miña, camareira do carallo. Atende ao teu. A puta sacarina, dixen!
É a primeira vez en todos estes anos que o agradable, simpático e mesmo tenro Adolfo ergue a voz. Todos os clientes contémplano estupefactos. Non hai o mínimo viso de arrepentimento. O beizo de abaixo non lle treme, nin tamborila os cotenos enriba do mármore da barra, nin ten os ollos inxectados en sangue, nin tampouco pestanexa nerviosamente. Non. Adolfo mira a Patricia cunha calma absoluta e desacougante como se, no canto de berrar a puta sacarina! suplicara un sobre de sacarina, por favor. Tranquilo, como se estivese afeito a berralo todos os días. Como quen pela unha mazá dunha tirada ata espir o corazón. Adolfo non saca ollo das mans grosas da camareira. E aí, xusto aí, nese movemento seguro das mans, adiviña que ela acaba de descubrir o seu segredo. O seu terrible segredo.” (páx. 15)
Cal cres que é o terrible segredo de Adolfo que Patricia vén de descubrir?

84. Que sabemos de Adolfo? Revélasenos o seu pasado ou deducímolo?

85. Que relación gardan Fiño e Lucía con Adolfo?

86. Que diferencia a Fiño e Lucía da maioría de nenos e nenas?

87. Que sentimentos che inspira Adolfo?

88. No texto xúlgase a Adolfo ou a autora deixa iso á conciencia de cada lector? Por que cres que actúa así?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*