“Salam”, imaxe da Wikipedia.
89. Se tiveses que describir fisicamente a Mohamed, como o describirías?
Que trazos caracterizan a personalidade desta personaxe?

90. Unha alumna ou alumno lerá en voz alta o seguinte parágrafo:

“Mohamed non para de sorrir. Repítese constantemente que as mofas dos bébedos do bar son froito do alcol pecadento e perdóalles as súas culpas. Perdóaos, Mohamed, perdóaos, é o alcol que fai que os homes perdan o sentido. Perdóalle a Iqbal a súa vergonza. E explícalles, Mohamed, explícalles que o Islam é unha relixión de paz e de convivencia. Que ti non es un terrorista. Que ti es un home piadoso e non cres na violencia. Dilles, Mohamed, dilles. Aínda que nunca escoiten. Aínda que sexa o viño o que fala por eles” (páxinas 47-48)

Agora imos analizar como a autora lle deu forma a este texto.
Parécevos un parágrafo usual de narrador omnisciente en 3ª persoa?
Vexamos unhas palabras do parágrafo:
“Mohamed non para de sorrir.”
e
“Dilles, Mohamed, dilles.”
Que diferenzas podemos establecer entre elas desde o punto de vista narrativo?
A voz narradora é a mesma nos dous casos?
O seu comportamento é o mesmo?
Que consegue a escritora con isto?

91. Por que veu Mohamed estudar Medicina aquí e non estudou no seu país?

92. Adolfo e Paco atacan a Mohamed por ser musulmán cun conxunto de prexuízos (pp. 45 a 47). Indica cada un deses ataques e xustifica por que se trata dun prexuízo e non dunha opinión baseada en datos obxectivos. Logo poñede en común as vosas conclusións na aula.

93. Mohamed tenlle medo a “sentir a chamada dos mártires no lombo […] unha chamada do muecín á guerra santa que el non quere oír.” (páx. 49)

En concreto, a que lle ten medo Mohamed?

94. Cres que no enfrontamento actual entre o mundo occidental e o mundo musulmán hai un único culpable?

Cres que o conflito sería o mesmo se os depósitos petrolíferos estivesen situados noutros lugares do planeta?

Elaborade en grupo unha presentación ou vídeo onde recollades os principais focos de enfrontamento actuais no mundo por causa da relixión.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*