Malia que a súa traxectoria literaria é curta no tempo, Rosa Aneiros ten recibido os principais premios da nosa literatura, culminando esta carreira de honras no ano 2009 cando se converte na única escritora que conseguiu na mesma edición o Premio Xerais de novela e o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
1996 – Premio Manuel Lueiro Rey.
1998 – XXIV Premio Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro polo relato “A ardora que esgazou as bandeiras”.
2001 – X Premio de narrativa Manuel Murguía.
2001 – Premio Carvalho Calero de narración curta do concello de Ferrol pola obra Corazóns amolecidos en salitre.
2003 – IX Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente á mellor novela galega do ano 2002 (entregado o 1 de xaneiro de 2004). Este premio, organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ofrece a particularidade de que o seu xurado está constituído por alumnos e alumnas de bacharelato de cinco institutos galegos.
2005 – III Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola obra Veu visitarme o mar.
2006 – Premio Careón.
2007 – Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo pola súa columna “A última vaca” incluído na súa obra Ao pé do abismo e publicada nos xornais El Progreso, Diario de Pontevedra e Diario de Ferrol o 1 de agosto de 2006.
2009 – IV Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil pola novela Ás de bolboreta (Xerais).
2009 – Premio Xerais de Novela pola obra Sol de Inverno (Xerais).
2009 – Premio da Asociación Galega de Editores (AGE) como mellor autora do ano 2009.
2010 – Premio Fervenzas Literarias 2009 para Ás de bolboreta como mellor libro xuvenil.
2010 – Ás de bolboreta foi seleccionada para formar parte da prestixiosa exposición The White Ravens 2010.
2010 – Premio Fervenzas Literarias 2009 para Ás de bolboreta como mellor libro xuvenil.
2010 – Ás de bolboreta foi seleccionada para formar parte da prestixiosa exposición The White Ravens 2010.