105. Fíxate na descrición que a voz narradora realiza da voz de Ana, a teleoperadora.

“Roberto […] turraba con intensidade bisemanal na teima de escoitar a voz de Ana […] tan só polo pracer de oír a súa voz de veludo vermello cerimonia e tacto de herba fresca de onda o río. Solemne e orgullosa como un fío de auga que escorrega lentamente polos sucos de po dunha fiestra entreaberta.” (p. 80)
Trátase dunha descrición obxectiva ou subxectiva? Xustifica a túa resposta.
En que figura estilística do compoñente semántico se basea esta descrición?

106. Roberto pregúntalle a Ana se foi ao concerto de Fito & Fitipaldis e cantarúxalle esta canción:


Que teñen en común Roberto e o “soldadito marinero”? 

107. Que provoca o terror en Ana na páxina 86? Podemos imaxinar algo no seu pasado?

108. Fíxate nas palabras de Roberto:

 
“- Roberto! O domador de feras! Non hai medo! Con este látego espantamos todos os bechos con gadoupas! Tente aí, cabrón. Queda aí, quieto, atrás dos barrotes da gaiola. Aí, a gaiola, na cociña. Non podes pasar de aquí, hai unha reixa, non podes pasar. Non ves que hai unha reixa, papá? Mamá, non teñas medo que de aí non pode pasar… Hoxe non che ha facer mal. Hoxe non, para iso estou eu aquí Roberto, o domador de feras!” (p. 87)

Que se adiviña no seu pasado?

109. Que teñen en común Ana e Roberto?

110. A historia de Ana e Roberto remata ben ou mal? Por que? 

111. Ao final, quen vén sendo Ana?

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*