Fotografía de Celine Nadeau en Flickr.

112. “Unha muller abre a porta con moito coidado, como se lle fose romper. Ten o pelo recollido cun pano de flores miúdas que lle cobre a cabeza e mais o pescozo. O resto do corpo lévao envolto nunha túnica dunha cor indescritible. Podería ser encarnada pero achégase máis a malva. Garda as mans nos petos para agochar as bochas e as unllas ennegrecidas por demasiadas horas recollendo bolsas e lixo no campo da feira. A muller-túnica bota unha ollada rápida ao seu redor como se fose un raposo que entra nun galiñeiro. Temoroso e co desexo de bulir coa súa encomenda. Fítaos un por un buscando unha resposta que non lle chega. Como todos os días, tres veces na mañá:

– Señora. Min. Señora. Teléfono? Chamar? Min? Teléfono?” (pp. 41-42)

Esta descrición é máis física ou psicolóxica?

113. Que deducimos da personalidade desta muller a través da descrición?

114. Que cres que pode significar que esta personaxe en vez de ser denominada polo seu nome, se refira o narrador a ela como muller-túnica?


115. Chegamos a coñecer a traxedia da súa historia? A través de quen?

116. A través das palabras de Mohamed, sabemos de diferentes prácticas islámicas respecto á roupa das mulleres:
“En Damasco hai algunhas -poucas- mulleres moi modernas que visten ao estilo occidental. Pero as máis visten o noso hijab, o pano que cobre a cabeza e pescozo e levan roupas amplas ata os pés. Outras, empregan a túnica e, xa as máis devotas e relixiosas, o burka que só deixa ver os ollos.” (p. 136)

Unha rapaza con hijab. Fotografía de Ai@ce en Flickr.

En España, en 2010, reábrese unha polémica que xa tiña precedentes, cando a Najwa Malha, unha alumna de 16 anos dun instituto de Pozuelo de Alarcón (Madrid) lle prohiben a asistencia ás aulas co hijab posto.

Este é só un exemplo dunha polémica que tamén se produce noutros países europeos.

Investigade sobre este tema, e realizade unha reportaxe o máis plural posible. Sería interesante que puidésedes contar coa opinión dalgunha rapaza musulmá que manifestase a súa opinión de primeira man.
Unha vez feita, publicade a vosa reportaxe na rede para que todo o mundo se poida beneficiar do voso traballo.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA