Recóllense aquí 4 recomendacións metodolóxicas que teñen que ver coa alfabetización dixital do alumnado e que ofrecen vantaxes organizativas importantes tanto en traballos de carácter colaborativo como individual.
1. A conta de correo.
Cada alumna e alumno abrirá unha conta de correo na que o nome de usuario sexan o seu nome e apelidos, deste xeito todo o mundo estará identificado en todo momento.
Recoméndase abrir a conta en Gmail polas cantidade de aplicacións asociadas á conta de balde.
Utilización básica da conta de correo: enviar, responder, reenviar, arquivar con etiquetas.
Gmail
Open Webmail
Correo Yahoo
Correo Hotmail

   
2. Utilización básica de Google Docs.

Esta aplicación é especialmente cómoda para a compilación de información e a edición de documentos desde ordenadores alleos ao noso sen necesidade da utilización de pendrives.
Google Docs tamén se amosa especialmente indicado para a realización de traballos en grupo ao permitir a edición conxunta dun documento.
Utilización básica de Google Docs: saber crear un documento, gardalo, compartirlo e editalo conxuntamente.
2. Utilización básica de Google Grupos.
A creación dun grupo coa listaxe de correo asociada permite compartir traballos e resulta moi útil como forma de debate organizada.

Google Grupos
3. Utilización básica de Flickr ou Picasa.
As páxinas de xestión de imaxes sérvennos para administrar e compartir imaxes en liña, a súa incorporación ao traballo académico serve para incentivar a creatividade, aprender técnicas básicas de arquivo mediante etiquetas e mapas e respectar o traballo alleo e os dereitos das creadoras e creadores.
Utilización básica: saber subir unha imaxe, poñerlle título, etiquetala, xeolocalizala no mapa e compartila.
Picasa
Flickr

4. Dereitos de autoría en textos e imaxes
En moitas ocasións non estamos afeitos a diferenciar entre acceso á información e propiedade da información, isto é, entre ver e utilizar para o noso proveito. Todos os contidos aos que podemos acceder na rede, sexan do tipo que sexan, son propiedade de alguén (persoa física ou xurídica) que decide colocar na Internet algo nunhas determinadas condicións de uso. Así, hai quen se reserva todos os dereitos de autor e non podemos utilizar os seus contidos para nada, e tamén hai quen os comparte (licenzas compartidas ou Creative Commons). Normalmente estes conceptos non están claros, especialmente no caso das imaxes, de tal xeito que o usuario acaba por confundir o acceso físico á información (o feito de poder descargar unha imaxe) co acceso lexítimo e legal á información (estar en condicións legais de utilizar esa imaxe).
É importante que saibamos que as imaxes subministradas como resultado dunha busca nun buscador (por exemplo Google, Yahoo, Bing, etc.) non son de propiedade colectiva nin tampouco propiedade do buscador. O único que fai o buscador é informarnos onde podemos atopar cada imaxe pero deberemos ir á páxina correspondente para saber en que condicións legais está exposta.
Na actualidade temos moitas formas de acceder aos diferentes tipos de contidos: textos (Wikipedia), imaxes (FlickrCC), música (Jamendo) e mesmo buscadores especializados (Creative Commons Search) sen necesidade de utilizar aqueloutros para os que non temos permiso.
Actúa responsablemente, actúa legalmente.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*