O 17 de maio de 2010 saía a tradución ao curdo de Made in Galiza baixo do título Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim (‘Nin en soños vou perder a miña lingua’) nunha edición de tres mil exemplares. En tan só dous meses (xuño e xullo) esgotou xa tres edicións.

Ademais da edición en curdo, varios relatos do libro foron traducidos ao bretón, o checo, o croata, o ruso, o galés, o éuscaro, o asturiano, o catalán ou o inglés. Isto fai que lectores e lectoras de todo o mundo se poidan achegar aos seus textos.

Investigade onde se fala cada unha destas linguas, a súa situación legal e o número de falantes.
Onde se fala curdo?  É lingua oficial? Onde? Cantos falantes ten?
Onde se fala bretón? É lingua oficial? Cantos falantes ten?
Onde se fala checo? É lingua oficial? Onde? Cantos falantes ten?
Onde se fala croata? É lingua oficial? Onde? Cantos falantes ten?
Onde se fala ruso? É lingua oficial? Onde? Cantos falantes ten?
Onde se fala galés? É lingua oficial? Onde? Cantos falantes ten? 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA