Debuxo de chavezonico en Flickr.

 

30. Este texto constrúese sobre a ironía. En que consiste o recurso retórico da ironía?
 
31. Atopas algunha semellanza entre a realidade descrita no texto e algún caso que coñezas? Sinálaas.
 
32. Que lingua é “a lingua máis difícil”? Por que deduces iso?
 
33. Que argumentos se dan para non dar falado esa lingua?
34. O autor tamén se vale doutra figura retórica consistente na esaxeración, que nome recibe esa figura? Busca algún exemplo no texto para ilustrala.
35. Coñeces persoas que afirman que usan o galego porque non o saben falar? Cres que ese descoñecemento é real ou é unha desculpa para ocultar outros motivos? Razoa as túas respostas.
 
36. Observa os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 2004 sobre a consideración que as falantes e os falantes teñen da súa propia competencia lingüística.
Á luz destes datos que porcentaxe da poboación non consideraría boa a súa competencia en galego? Se temos en conta que entre esa porcentaxe están os que consideran a súa competencia regular, mala e moi mala, realmente de que porcentaxe de poboación cres que estariamos a falar se nos referimos a aquelas persoas incapaces de falar galego? Cres que esa porcentaxe se corresponde coa xente que argumenta falta de coñecemento para falar galego? Como explicarías a diferenza de resultados?
37. Cando hoxe todo o mundo fachendea de saber moitas linguas, que motivos cres ti que pode ter unha persoa para ocultar o seu dominio do galego? Razoa a túa resposta. 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA