Fotografía procedente de O guindastre.

152.  Neste texto o autor reflicte a problemática normativa a través da discusión entre os grafemas “ñ” e “nh”. A quen representa o ñ? E o nh?
153. Investiga que é o lusismo e resúmeo coas túas propias palabras. Entre outras fontes, podes atopar información no Portal Galego da Língua.
 Neste vídeo podes ver unha actividade do alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces consistente na repartición de poesía lusófona por toda a súa vila.

154. Despois de leres o texto e de investigares o que é o lusismo cal é a túa opinión sobre esta cuestión normativa do galego?

155. Agora convidámoste a que leas a seguinte entrevista que lle realizaron a Séchu Sende en agosto de 2010 a raíz da publicación da súa obra Animais. Fíxate especialmente naquelas preguntas relacionadas co reintegracionismo e logo contesta as seguintes cuestións. Que pensas do que di Séchu Sende na entrevista? Cres que a súa postura sobre a cuestión normativa é excluínte ou aglutinadora? Mudou coa lectura da entrevista a túa opinión sobre o reintegracionismo? Debatede sobre este tema na aula.


156. Realizade unha curta sobre esta historia con algunha técnica de animación.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA