Clica na imaxe para vela ampliada.
Parabéns a Agustín Fernández Paz pola súa valía incuestionable como creador e pola súa coherencia persoal.

Estas son as razóns expostas na páxina web de Prolingua, que levan ao autor a esta decisión. 
Rosalía de Castro nunca aceptaría ese “premio”

out 8th, 2010

porprolingua.

Chamamento a todas as persoas que traballan nos diversos ámbitos da cultura galega
Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos «Premios da Cultura Galega», manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega.
Facemos, entón, un chamamento á sociedade e a todas as forzas políticas para recuperarmos o camiño da concordia. Un novo consenso que só pode articularse concibindo a lingua como parte esencial da nosa riqueza, nunca como problema, e que precisa agora da posición firme de todas as persoas vinculadas á cultura.
Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia. Desde esa certeza, xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato.
En Santiago de Compostela, o 8 de outubro de 2010

SEN COMENTARIOS

  1. velaí un galego dos que quedan poucos, un GALEGO DE PE, con dignidade. Un GALEGO que reifica co seu xesto a nosa IDENTIDADE. Non coma eses por desgracia abondosos nacional-oportunistas que fachendean de galeguistas puros e incorruptibles e venden o cu por un cargo feijooniano. xA SABEDES EN QUEN ESTOU PENSANDO. Nepotes cacicóns que tanto mal fan a NOSA Galicia.
    ¡SAÚDE E LONGA VIDA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ!

  2. Traduzo para os non galegos:

    "Llamamiento a todas las personas que trabajan nos diversos ámbitos de la cultura gallega
    Ante la convocatoria de la Consellería de Cultura y Turismo de los «Premios de la Cultura Gallega», manifestamos que ni la actual Xunta ni su Presidente, responsables ante la Historia de legislar por vez primera contra nuestra lengua, y por lo tanto contra el marco jurídico y frente al consenso que posibilitó su presencia pública, pueden atribuirse ahora el papel de bienhechores de la cultura gallega.
    Hacemos, entonces, un llamamiento a la sociedad y a todas las fuerzas políticas para recuperar el camino de la concordia. Un nuevo consenso que sólo puede articularse concibiendo la lengua como parte esencial de nuestra riqueza, nunca como problema, y que precisa ahora de la posición firme de todas las personas vinculadas a la cultura.
    Tenemos el convencimiento de que ni las brillantes sensibilidades ni las mejores inteligencias de este país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división alrededor de uno de los símbolos mayores de nuestra convivencia. Desde esa certeza, juzgamos legítimo no aceptar ningún premio que venga hipotecado por agresiones contra la misma cultura que se finge exaltar con protocolario boato.
    En Santiago de Compostela, el 8 de octubre de 2010 "

  3. Me parece muy bien. Me hubiera parecido muy bien también que hubieran traducido ustedes al castellano el comunicado de Fernández Paz, dado que se han tomado la molestia de transcribirlo. Y nos enteraríamos todos. No deja de ser una decisión de ustedes, en todo caso.

    Arturo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*