Para quen aínda non o saiba, en Trafegando ronseis pódese atopar a mellor recompilación de vídeos que coñezo sobre violencia machista. A súa última entrega é esta El orden de las cosas, unha curtametraxe dos irmáns Esteban Alenda que xa conta con numerosos premios:
– Mellor Banda Sonora en Islantilla 2010 grazas á fermosísima composición de Sergio de la Puente

Buscar más artistas como Sergio de la Puente en Myspace Music

– Roel de Oro na XXIII semana de cine de Medina del Campo 2010
– Premio na XII semana de Madrid en Corto 

e agora está nominada aos Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción.
Pero en  Galicia xa tivemos oportunidade de ver esta xoia grazas á organización da última edición do FICBueu (Festival Internacional Curtametraxes Bueu) o pasado mes de setembro.
El orden de las cosas conta como transcorre na bañeira a vida de Julia onde pinga a pinga vai ir reunindo o valor necesario para cambiar a orde das cousas.
Gustaríame tamén salientar o traballo da actriz Manuela Velles que interpreta a Julia, a protagonista, todo un exercicio de xestualidade.
Espero que vos guste.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA