Hoxe recibín un correo da consellería onde se me convidaba a usar a oficina virtual do empregado público, que ben!
Pero en canto abro a páxina atopo isto:

Ben, eu son usuaria de Mac, porque quero, evidentemente, igual que o podía ser de Microsoft, pero isto non quita que crea que a democratización das tecnoloxías pasa polo emprego e difusión do software libre e máxime desde unha administración pública. A cuestión é que son tan contribuínte a facenda como calquera outro usuario e gustaríame saber por que a miña administración, digo miña porque se mantén, entre outras, coas miñas contribucións, non pensa en min cando está a facer unha oficina virtual para o empregado público, ou sexa, eu.

E logo non é posible deseñar o sistema para poder ser usado por todas as persoas en Mozilla? Existe algunha limitación técnica que impida isto?
De momento, doulle grazas á Xunta por crear unha oficina do empregado público que non vou poder usar.
E como a deformación profesional non se pode controlar, sinalo en vermello un par de cuestións lingüísticas por se teñen a ben corrixilas.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*