[Copio e espallo o correo recibido.]
O Movemento de Galiza co Galego, ten unha Comisión Promotora que está a levar o traballo da posta en práctica da creación dunha Rede Popular de Ensino en galego, que queren plasmar na etapa infantil inicial (0-3).
A Comisión conforme os seus estatutos ten que disolverse o 17 de Maio.
Se o Movemento de Galiza co Galego en prol dunha Rede Popular de Ensino non alcanza os 3.000 terá que pararse.
De pasar esta situación, é de que o desánimo faga presa nas persoas da Comisión (con gran traballo e desgaste persoal) pode ter consecuencias moi negativas que fagan fracasar a iniciativa popular en defensa e garantía do dereito fundamental (en especial a infancia) a educarse na nosa lingua.
Para que a Comisión Promotora poida dar continuidade ao Movemento de Galiza co Galego como Asociación é imprescindíbel ter antes do 17 de Maio os 3.000 apoios precisos.
Actualmente contan con 2435 apoios, con 20 apoios diarios conseguirían os 3.000 necesarios.
Tod@s poden axudar tan só hai que ler e apoiar en http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html. Apúntate, espalla…reenvía este correo ao menos a 20 dos teus amig@s.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA