Mañá no IES da Pobra temos o luxo de contar con catro artistas das nosas letras para que reflexionen connosco sobre a creatividade desde diferentes perspectivas.
Uxía Casal ofrecerá unha visión da creatividade en xeral.
Antón Riveiro Coello falará da especificidade da creatividade literaria.
Rosa Aneiros responderanos a preguntas como: De onde nacen as historias?  ou se estas se buscan ou veñen?
Marcos Calveiro realizará unha reflexión sobre principio e final.
En nome do EDLG do IES e no meu propio gustaríame agradecerlles publicamente a súa xenerosidade por compartir connosco de xeito desinteresado tanto o seu tempo como o seu traballo.

SEN COMENTARIOS

  1. Noraboa á Coordinadora do EDLG, polo excelente traballo levado a cabo no IES da Pobra. A súa valía profesional queda fóra de toda dúbida. Grazas Pilar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*