Sigue os seguintes pasos para a realización da actividade:
Hoxe está de moda este home.
1) Sóache de algo?
2) E agora? Chámase Shigeru Miyamoto, investiga por que hoxe está de moda este home en España?
3) Gústanche os videoxogos?
4) Xogaches algunha vez a algún dos seus videoxogos? En caso afirmativo, que che pareceu?
5) Cres que os videoxogos son bos ou malos? Xustifica a túa resposta.
6) Mira o vídeo do programa Redes emitido por RTVE o 21 de outubro de 2012.
7) Coñecías o programa Redes previamente? En que xénero televisivo podemos encadrar este programa (informativos, concursos, telenovelas…? Xustifica a túa resposta.
8) Coñeces a Eduard Punset? Se non é así, investiga quen é.
9) E sabes quen é Jorge Mira?
10) Que teñen en común estas dúas persoas?
Falemos agora do contido do vídeo.
11) Que é a práctica deliberada?
12) Que é a plasticidade cerebral?
13) Que é un nativo dixital? Na túa familia hai algún nativo dixital?
14) Que é o efecto multitarea?
15) Que efectos negativos teñen os videoxogos violentos?
16) Que habilidades poden potenciar os videoxogos?
17) Que é a empatía? Cres que es unha persoa empática? Cres que as novas tecnoloxías favorecen a empatía? Xustifica a túa resposta.
18) Canto tempo precisa o cerebro para reaccionar a un estímulo externo? E canto tempo precisa o cerebro para sentir determinadas emocións como a admiración? Que significa isto?
19) Cres que existe algunha relación entre o sentimento de soidade e os videoxogos?
20) Despois destas actividades mudou en algo a opinión que tiñas dos videoxogos. En caso de resposta afirmativa, explica en que.