Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira.
Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.

 Distribución das sesións de aula da semana do luns 28

1ª Sesión
– Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.
– Do libro deberedes ter lido como mínimo ata a páx. 91.
– Deberedes traer realizadas no voso caderno de aula as actividades 8 a 22 (ambas as dúas inclusive) da guía de lectura de Ás de bolboreta que se atopan no apartado 1.2
– Cada grupo entregará nun pincho o arquivo co seu Podcast. O pendrive deberá ter como nome o nome do grupo. Lembrade que o arquivo do voso podcast ten que cumprir os seguintes requisitos:

  • Título do programa ao inicio.
  • Duración: 15 minutos.
  • Deberán falar por un período máis ou menos semellante de tempo todos os integrantes do grupo.
  • Deberanse dicir os nomes dos integrantes do grupo, o nivel (4º da ESO) e o centro (IES Pobra do Caramiñal) ao comezo do programa.
  • Se incluídes música deberedes indicar a autoría ou ben no momento da súa reprodución ou ao final do programa.
  • O formato do arquivo deberá ser mp3.
  • O nome do arquivo terá o seguinte formato:

            curso_ + nome programa_ + 01.mp3
      por exemplo
            4A_Aprofa_01.mp3

  • As locutoras e locutores deberán expresarse con fluidez e corrección.

2ª Sesión
– En cada aula realizaremos a entrevista laboral. As persoas que a teñen que realizar de cada aula xa están avisadas.
– Lembramos que xa debería estar realizado no caderno o exercicio 1 da páx. 10 do libro de texto.
– Ademais deberedes realizar tamén no caderno os exercicios das páxinas 12 e 13.

* Para calquera dúbida, coma sempre, pilarponteclases@gmail.com

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*