Debido á folga convocada para esta semana fágovos un avance do que deberedes ter ao día para a vindeira semana e que así todo o mundo se organice como queira.Para respectar o dereito do alumnado que asista á aula nos días de folga, este deberá traer libro de texto e caderno e realizaremos actividades dese libro e doutro que levarei eu. O alumnado que secunde a folga non deberá realizar esas actividades.
Distribución das sesións de aula da semana do luns 28

1ª Sesión– Exame oral ou escrito dos contidos do tema 1, das preposicións e do vocabulario visto ao longo do curso.
2ª Sesión
– Deberedes traer á aula o libro de lectura obrigatoria Ollos de auga de Domingo Villar.
– Do libro deberedes ter lido como mínimo ata o capítulo que inclúa a páx. 100 incluído.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA