capa-o-centro-do-labirinto-agustin-fernandez-pazO alumnado dun dos clubs de lectura da biblioteca do IES Pobra do Caramiñal vén de escoller como primeira lectura este curso O centro do labirinto.

Esta é a novela dos 50 anos de Agustín Fernández Paz, en Sara tamén dá conta das súas “paranoias” persoais 🙂

 

Agustín co seu pin de Prolingua na lapela.

Hoxe o autor confesou no seu Twitter que na escrita deste libro estivo moi presente a lectura do poema “Límites” de Jorge Luis Borges (Arxentina, 1899-1986).

Hay una línea de Verlaine que no volveré a recordar,
Hay una calle próxima que está vedada a mis pasos,
Hay un espejo que me ha visto por última vez,
Hay una puerta que he cerrado hasta el fin del mundo.
Entre los libros de mi biblioteca (estoy viéndolos)
Hay alguno que ya nunca abriré.
Este verano cumpliré cincuenta años;
La muerte me desgasta, incesante.

Jorge Luis Borges en Antología personal (1961), incluido en Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea. 1914-1970 (Alianza Editorial, Madrid, 1971, ed. de José Olivio Jiménez).
 
Que marabilla vivir esta época na que podes ter as persoas que admiras a un chío* de distancia.
*chío (tuit en galego)

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*