Receitas para todos os días

Decidinme por fin a comezar unha nova sección na Profa á que xa lle tiña ganas dende hai tempo. Chamarase O descubrimento do día e nela irei recompilando aquelas páxinas, blogs, portais… que por algún motivo especial considere que deben ser visitados e/ou seguidos.
Pois ben, hoxe descubrín Receitas para todos os días, un blog de Raquel Vergara, onde recolle “receitas realistas” sen glute que calquera de nós cun chisco de aplicación podería realizar na súa casa e con “ingredientes doados de atopar”.

E ademais, a guinda do pastel, TODAS AS RECEITAS EN GALEGO!

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA