Dado que a vindeira semana teremos o exame de morfoloxía verbal, aprazamos o traballo sobre o libro de lectura obrigatorio para a seguinte semana para que teñades máis tempo para estudar. Con todo, avanzamos un pouco na lectura para que logo non se acumulen moitas páxinas nunha única semana.

Xoves 30 de xaneiro: 
– exame de morfoloxía verbal*.
– compromiso de lectura de Ámote Leo A. ata a páx. 96.

Preguntas do exame de morfoloxía verbal:
– Segmenta as seguintes formas verbais indicando todos os morfemas constituíntes (aínda cando de trate de morfos cero) como fixemos na aula.
– Indica a forma verbal que se corresponde con cada definición.
– Define as seguinte formas verbais.
– Clasifica semanticamente as seguintes perífrases verbais.

*Abrangue o explicado na aula e o apartado de estudo da lingua dos temas 7, 8 e 9 do libro de texto.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*