Tanto na ESO como no Bacharelato temos a vantaxe de que podemos utilizar directamente a maioría de recursos que ofrece o Portal das Palabras, como por exemplo o Setestrelo.

http://portaldaspalabras.org/setestrelo/sete-palabras-de-muller
Clica na imaxe.

  • Usar o dicionario da RAG. Facer buscas complexas.
  • Utilizar as buscas complexas do dicionario para traballar a morfoloxía da palabra. Resulta especialmente útil para localizar outros elementos léxicos que xustifiquen a existencia do morfema que estamos segmentando.
  • Instalar nos smartphones a app do dicionario da RAG.
  • Sacudir: termo ao chou.
  • Calquera dos xogos do portal para ser utilizados tal e como veñen na web.
  • Xogo de palabras encadeadas non coincidentes por grupos. Neste caso cada grupo poderá dispoñer dun móbil co dicionario da RAG que só poderán usar en 5 ocasións.
  • Creación de campos semánticos.
  • Lectura da sección A palabra do día e utilización do termo e o seu campo semántico na representación dunha situación inventada.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*