Creación de roscos de pasapalabra monotemáticos ou pluritemáticos con definicións redactadas por eles a partir das recollidas no dicionario da RAG.
Esta práctica require a procura do léxico axeitado para a temática que esteamos a traballar mais tamén inclúe unha práctica moi importante de desenvolvemento da lingua na recreación das definicións, ademais de implicar máis esforzo que outras actividades pola necesidade de completar case todas as letras do alfabeto.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA